Marzo Ambiental 2023: Obradoiro de Puzzle Climático

Image
Obradoiro Marzo Ambiental- Campus Elviña
|
|
|
18:30
-
20:00

Desde o proxecto EU 1.5° Lifestyles colaboramos coa Oficina de Medio Ambiente (OMA) para organizar un obradoiro co alumnado do grao de Educación Social, na Facultade de CC. Educación (Elviña) no marco do Marzo Ambiental.

O Marzo Ambiental na UDC enmárcase na iniciativa Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, que cumpre no presente ano 2023 a súa 6ª Edición. Marzo Ambiental 2023 é un ciclo de actividades variadas que constitúe unha peza fundamental de educación para a sustentabilidade na UDC.

Xunto coa OMA a UDC organizamos un obradoiro co noso puzzle climático para educar a comunidade universitaria da UDC sobre os estilos de vida sostible.