Marzo Ambiental 2023: Obradoiro de Puzzle Climático

Image
Obradoiro Marzo Ambiental
|
|
|
12:30
-
14:00

Desde o proxecto EU 1.5° Lifestyles colaboramos coa Oficina de Medio Ambiente (OMA) para organizar un obradoiro co alumnado do grao de Deseño Industrial na Escola Universitaria de Deseño Industrial (Ferrol) no marco de Marzo Ambiental. 

O Marzo Ambiental na UDC enmárcase na iniciativa Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, que cumpre no presente ano 2023 a súa 6ª Edición. Marzo Ambiental 2023 é un ciclo de actividades variadas que constitúe unha peza fundamental de educación para a sustentabilidade na UDC.

Xunto coa OMA a UDC organizamos un obradoiro co noso puzzle climático para educar a comunidade universitaria da UDC sobre os estilos de vida sostible.