Image

Obradoiro do Proxecto 1.5 Lifestyles
2025-02-21
O obxectivo do Obradoiro foi presentar as ferramentas que aporta o Proxecto 1.5º Lifestyles e explorar as diversas opcións para a súa posta en práctica no día a día dos profesionais e responsables técnicos para impulsar a incorporación de estilos de vida sustentables na cidadanía.
O pasado 19 de febreiro celebrouse o Obradoiro de Ferramentas do Proxecto 1.5 Lifestyles na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
O obxectivo do Obradoiro foi presentar as ferramentas que aporta o Proxecto 1.5º Lifestyles e explorar as diversas opcións para a súa posta en práctica no día a día dos profesionais e responsables técnicos para impulsar a incorporación de estilos de vida sustentables na cidadanía.
O equipo da UDC do Proxecto 1.5 Lifestyles da Universidade da Coruña compartiu os resultados cos representantes dos Concellos de A Coruña, Vigo, Carballo, Ferrol, Ames, e entidades como a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, a cooperativa de consumo responsable Zoca Miñoca e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
A través dunha sesión participativa e dinámica, traballaron para crear colaborativamente formas de promover estilos de vida sustentables.
Este obradoiro forma parte das actuacións do Proxecto para promover a difusión de estilos de vida aliñados co obxectivo climático de 1,5° graos establecido no Acordo de París.
O Proxecto Europeo 1.5º Lifestyles
O proxecto EU 1.5 ° Lifestyles ten como obxectivo fomentar a integración de estilos de vida de acordo co obxectivo climático do Acordo de París de que o incremento da temperatura media global non supere os 1.5 °C a finais deste século.
Un equipo da Universidade da Coruña, coordinado pola profesora Adina Dumitru, participa neste proxecto xunto con outras Universidades e centros de investigación de sete países europeos - Alemaña, Hungría, Países Baixos, Suecia, Finlandia, Letonia e España- coordinados pola University of Münster (Alemaña).
No marco do EU 1.5 ° Lifestyles leváronse a cabo diversas iniciativas, como foros de discusión coa cidadanía, ou a elaboración da “Guía para reducir o noso impacto climático e fomentar unha vida máis sa e xusta”, que está dispoñible na páxina web do proxecto.
Máis información: